Vincúlase co club por unha tempada máis con opción a outras tres
O Real Club Celta pechou a renovación do porteiro do filial Óscar Santiago (Santander, 1992), que vincúlase ao club vigués por unha tempada máis con outras tres opcionais.
O gardarredes santanderino chegou ao segundo equipo celeste a pasada campaña, na que asinou boas actuacións e demostrou un gran compromiso có equipo.
Coa renovación dos seus novos valores, o club céltico reafirma a súa decidida aposta pola canteira, un proxecto ao que se lle está a dar continuidade e que fortalécese día tras día.