O lateral esquerdo do Celta B, Diego Pampín, sufriu no último partido de Liga, disputado o pasado domingo ante o Racing de Ferrol unha fisura no quinto metatarsiano do pé dereito, lesión pola que foi substituído na primeira metade. Os servizos médicos do RC Celta aplicaranlle ao internacional celeste un tratamento conservador á espera de tomar unha decisión sobre a necesidade de realizar intervención cirúrxica.