Novas canteira

O Infantil B afronta o partido decisivo da primeira fase do Gyeongju International Tournament

RC Celta

celta_cantera_madroa_gyeongju_2017.jpg

 

O Celta Infantil B atópase estes días en Corea do Sur disputando o Torneo Internacional de Gyeongju, unha competición na que o club vigués xa suma catro participacións froito do enriquecedor convenio asinado pola canteira céltica coa federación de fútbol coreana.

 

Os canteiráns celestes disputaron o tres primeiros encontros da fase de grupos, cultivando unha derrota por 0-3 no seu debut ante o Ichinomiya xaponés e senllas vitorias ante o Gabala de Acerbaixán (2-0) e o Nara City de Xapón (4-1). Este martes xogarán o partido decisivo da primeira fase ante o Cheongyong, unha selección de futbolistas de Corea do Sur.

RC Celta

Etiquetas

Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas