O Celta continúa reforzando a súa filial coa incorporación do extremo Juan Mera, procedente do Real Sporting de Gijón. O atacante asturiano comprométese co club vigués por unha tempada máis outro tres opcionais.
Juan Mera (Xixón, 1993) accedeu ás categorías inferiores do Sporting con tan só dez anos. O xixonés creceu e formouse como futbolista na canteira branquivermella até chegar ao equipo filial. No seu últimas tres tempadas co Sporting B, Mera asinou unhas cifras remarcables que certifican a súa experiencia na categoría de bronce: 96 partidos en 2ªB e 19 goles.
Fotografía: www.realsporting.com