O Celta Xuvenil División de Honra venceu este sábado ao Oviedo na Madroa por 4 goles a 1, unha folgada vitoria que mantén ao conxunto celeste no máis alto da clasificación. Os canteiráns célticos adiantáronse moi pronto no marcador por medio de Pape Diop, no minuto 3. Pouco despois Berto Castiñeiras anotaría o segundo gol olívico. Tras o descanso Fede Varela e Sergio de Paz redondearon o triunfo local.