O goleador seguirá no filial celeste unha tempada con opción a tres máis
O Real Club Celta pechou a renovación do dianteiro do filial David Añón (A Coruña, 1989), que se vincula ao club vigués por unha tempada con opción a tres máis.
O futbolista galego debutou a campaña pasada co Celta B, anotando 14 tantos e deixando moi boas sensacións ao longo do campionato de Terceira División.
Ademais de asegurar a continuidade dos seus novos valores, o Celta traballa día a día para consolidar o seu proxecto de canteira. Nas últimas semanas o club celeste pechou as renovacións de xogadores como Antón de Vicente, Maceira, Goldar, Pablo Pérez e Samu, ademais da fichaxe do atacante galego Borja Iglesias.
Fotografía: Diego Pérez