O xogador, que chega do Villarreal C, vincúlase co club vigués polas próximas dúas tempadas
O Celta B reforza a súa liña ofensiva coa incorporación de Borja Iglesias (Santiago de Compostela, 1993). O dianteiro galego chega a Vigo procedente do Vilarreal C, conxunto no que a pasada campaña anotou 11 goles.
O futbolista, que regresa a Galicia tras seis anos en terras levantinas, será xogador celeste as próximas dúas tempadas con opción a tres máis.