Unha das iniciativas de formación máis importantes e recoñecidas da Fundación Celta, o Curso Denominación de Orixe Celta, regresa este xoves ao Salón Regio de A Sede coa celebración da súa quinta edición. Durante os días 8, 9, 12 e 13 de agosto, diversas personalidades do mundo do deporte protagonizarán relatorios dirixidos aos corpos técnicos da canteira celeste, clubs convidos, AFAVI e escolas da Fundación Celta.
Moncho Fernández, adestrador de baloncesto do Obradoiro, abrirá as xornadas formativas coa charla titulada “A importancia da comunicación na dirección de equipo”. Outras figuras relevantes do deporte, como o ex-cliclista Álvaro Pino ou o ex-director de metodoloxía do FC Barcelona Joan Vilá, completan o cadro de relatores xunto a unha representación de profesionais da casa: os irmáns Montes, do Celta B; o conselleiro e ex-xogador celeste Fernando Rodilla; o adestrador Fran Escribá e o seu preparador físico Miguel Villagrasa; e o dianteiro galego Iago Aspas, que falará sobre “O fútbol da rúa”.
8 de agosto
Moncho Fernández – Adestrador de baloncesto do Obradoiro
Jacobo y Marcos Montes – Adestrador e 2º adestrador do Celta B
Javier Cebreiros – Doutor en comunicación
9 de agosto
Miguel Villagrasa – Preparador físico do RC Celta
Álvaro Pino – Ex ciclista e director deportivo
Iago Aspas – Futbolista do RC Celta
12 de agosto
Jon Pascua – Adestrador de porteiros
Borja Golán – Campión de Europa de squash
Fran Escribá – Adestrador do RC Celta
13 de agosto
Fernando Rodilla – Ex xogador e actual conselleiro do RC Celta
Joan Vilá – Ex director de metodoloxía do FC Barcelona
Carlos Matallanas – Ex futbolista e xornalista
Nota: esta actividade é de acceso exclusivo para técnicos do RC Celta, clubes convenidos, AFAVI e Fundación Celta.