O RC Celta sela a continuidade do defensa Robert Costa, quen renova co Celta B por unha tempada con outras dúas campañas opcionais no primeiro equipo.
Robert Costa (Girona, 1994) chegou ao RC Celta no verán de 2016. Ao pouco da súa fichaxe sufriu unha lesión de menisco que demorou o seu debut como celeste ata o mes de marzo. A pesar deste revés, o prometedor central acumula 35 partidos co filial céltico e foi partícipe de dúas das mellores tempadas na historia do equipo, ambas finalizadas coa clasificación á promoción de ascenso a Segunda División.