O conxunto vigués, o mellor xuvenil na historia do Celta, venceu por 4-0
O Celta Xuvenil de División de Honra puxo o broche a unha tempada espléndida cunha vitoria en casa ante o Rayo Cantabria. No último partido do curso 2012-2013, os campións celestes golearon por 4 goles a 0 a un conxunto cántabro que se ve abocado ao descenso. Castiñeira, Fernán, Thaylor e Pablo foron os goleadores.
O conxunto adestrado por David De Dios convértese, con 25 vitorias e 102 goles, no mellor equipo xuvenil na historia do Real Club Celta. Este martes terá lugar no museo do club (Balaídos, 12:30 horas) o sorteo da Copa de Campións, na que os vigueses se medirán aos mellores equipos xuvenís da tempada: Barcelona, Real Madrid, Athletic Bilbao, Atlético de Madrid, Sevilla, Las Palmas e Villarreal.
O club felicita unha vez máis aos campións pola súa espectacular campaña e deséxalles o maior dos éxitos na Copa de Campións, que se disputará en Vigo entre os días 5 e 11 de maio co Real Club Celta como organizador.