A participación do Celta no prestixioso torneo Gyeongju International Youth Football xa é un clásico. O Infantil B partiu na mañá deste mércores desde Peinador cara a Corea do Sur, onde o conxunto vigués asinará a súa terceira participación nesta competición internacional.
Os canteiráns afrontarán entre o 27 e o 29 de agosto a fase de grupos, na que se medirán ao AKFF australiano, o Hwarang coreano e aos xaponeses Ichinomiya e Yaotaisho. Até 20 equipos de países como Francia, Brasil, Nova Zelandia ou China participarán na edición 2016 do campionato. O Celta, encadrado no Grupo A, debutará o sábado ás 11:00 (hora local) ante o AKFF.
A presenza do RC Celta no Gyeongju International Youth Football é parte do importante convenio de colaboración que a entidade galega mantén coa Federación Coreana de Fútbol desde a tempada pasada. Con experiencias como a que vivirán os mozos celeste do Infantil B, o Celta e a súa Fundación buscan desenvolver non só a faceta futbolística dos seus xogadores e técnicos, senón tamén a persoal.
Partidos Celta Infantil B
Sábado 27/08
Celta – AKFF
Domingo 28/08
Celta – Ichinomiya
Luns 29/08
Hwarang – Celta
Luns 29/08
Celta – Yaotaisho