O Celta Integra xa está en Tarragona onde, a partir deste sábado 17 de novembro, disputarase a primeira xornada da nova tempada de LaLiga Genuine Santander. Os celestes, subcampións na anterior edición, arrincarán a súa participación o sábado ás 11:00 ante o Eibar. A Real Sociedade ás 18:00 e o Athletic Club o domingo ás 11:00, serán os seus rivais nesta primeira rolda.
LaLiga Genuine Santander é unha iniciativa integradora de responsabilidade social e pioneira no mundo, organizada por LaLiga a través da súa Fundación, consistente nunha Liga de fútbol integrada por equipos do colectivo DEI (persoas con discapacidade intelectual).
Consulta toda a información sobre a competición AQUÍ.