Os celestes disputarán a Fase Final, que se celebra en Mareo a mediados de xuño
O Real Club Celta Cadete proclamouse esta mañá na Madroa campión da Fase Nacional Intermedia da Copa Coca Cola e participará na Fase Final que se disputará en Mareo entre os días 12 e 14 do próximo mes de xuño. Os celestes impuxéronse nos dous encontros que disputaron ante Real Oviedo e Bansander.
Por outra banda, Cantabria foi a vencedora no apartado de seleccións, no que tamén participaron Galicia e Asturias.
Real Club Celta – Real Oviedo |
2-1 |
Bansander – Real Club Celta |
0-1 |
Real Oviedo S.A.D. – Bansander |
1-2 |