Gran triunfo ante un rival complicado. Un gol de Luis Rioja deu os tres puntos aos canteiráns (0-1)
O Celta B colleitou unha gran vitoria na Nueva Condomina ante un dos pesos pesados da categoría: o Real Murcia. Os mozos celestes arrincaron o partido con frescura e seguridade, dominando o xogo, aínda que sen chegar a pór en serios aprietos á defensa murciana. Transcorridos o primeiros vinte minutos o cadro locatario comezou a gañar peso e aumentar a súa presenza na área olívica, chegando a gozar de até tres ocasiones para porse por diante no marcador, entre elas un disparo á madeira.
Tras a continuación o Murcia optou unha vez máis a estrear o marcador, pero a axilidade da zaga céltica e un acertado Óscar Santiago, evitaron que os murcianos desen co gol. Falta de precisión dos locais. O filial, serio e concentrado ante un rival esixente, non perderon nunca de vista a portaría rival. No minuto 63 un saque de esquina a favor do Murcia converteuse nunha contra do Celta B que finalizou con boa puntaría Luís Rioja.
A expulsión de Jose, xogador semente, permitiu aos célticos chegar con menos aprietos ao asubío final. Gran triunfo do Celta B, que acumula tres vitorias de tres posibles neste inicio de Liga deixando, ademais, moi boas sensacións.
Foto: unha peña celtista celebra a vitoria en Murcia cós canteiráns do Celta B.
FICHA TÉCNICA
0-REAL MURCIA: Fernando, Jose, Pibe, Jaume, Pumar, Acciari (Gerard, min.68), Albiol (Jairo, min.61), Armando, Arturo, Rubén Sánchez e Carrilo (Xavi Marqués, min.79).
1-CELTA B: Óscar, Kevin (Casas, min.60), Goldar, De Amo, Samu, Javi Rey, Jordan, Brais Méndez (Borja Domínguez, min.58), Luis Rioja (Fernán, min.80), Julio Delgado e Borja Iglesias.
Goles: Luis Rioja, min.63 (0-1).
Árbitro: López López. Amonestou aos locais Arturo e Rubén e expulsou con dobre amarela a Jose. Amonestou aos celestes Kevin e Óscar.
Campo: Nueva Condomina (5.107 espectadores).