Extraordinario partido do Celta B ante o primeiro clasificado do Grupo 1, o Fuenlabrada. Os de Albés non só tutearon ao líder, senón que se fixeron co dominio do choque segundo avanzou o cronómetro e, con goles de Agus e Molina, selaron unha vitoria chea de ‘afouteza e corazón’.
Os visitantes adiantáronse ao vinte minutos de xogo nunha xogada moi polémica na que os vigueses reclamaron posición antirreglamentaria. Esporeados por esta xogada, o Celta aumentou a súa intensidade e lanzouse a por o empate. Non tardou en chegar. Apenas cinco minutos despois do tanto rival, Agus puxo as táboas no marcador. Antes do descanso o céltico Dennis tivo ata dúas ocasións claras para pór aos seus por diante: un balón ao poste e un man a man co porteiro que terminou co balón fóra por moi pouco.
No segundo tempo o filial celeste mostrouse serio, ambicioso, entregado, maduro… Ante un opoñente moi duro, os canteiráns fixéronse fortes e abrazaron definitivamente o control do partido. Tras varias arremetidas o Celta logrou a súa ansiada segunda diana, un auténtico golazo do recentemente entrado Dani Molina que puxo en pé a todo Barreiro.
O cadro olívico tivo opcións para aumentar a súa conta goleadora… e o Fuenlabrada apertou ata o asubío final. Aguantou o Celta, que mantivo o seu nivel, actitude e entrega sen fisuras ata o asubío final. Extraordinario exercicio de ‘afouteza e corazón’ para sumar un triunfo que inxecta de moral aos celestes.
FICHA TÉCNICA
2-CELTA B: Sotres, Kevin, Ros, Costa, Pampín, Rai, Agus, Juan Hernández, Álex (Molina, min.62), Drazic (Aarón, min.70), Dennis.
1-FUENLABRADA: Pol, Dani Fernández, Fran García, Cata Díaz, Armando, Randy, Yaw (Theo, min.72), Bravo, Dioni, Cistóbal, Vicente (Quero, min.52).
Goles: Dioni (0-1, min.19); Agus (1-1, min.24); Molina (2-1, min.64).
Árbitro: Ruiz Álvarez, do comité asturiano. Amonestou a Cata Díaz, Yaw, Randy (Fuenlabrada); Rai, Molina (Celta).
Campo: Barreiro (250 espectadores).