O Celta B sumou o seu sétimo partido sen perder cun empate moi traballado ante o Talavera nun partido con poucas ocasións e de gran esixencia. Juan Hernández adiantou aos celestes na primeira metade e Cristian anotou o empate a falta dun cuarto de hora para o final. Nos últimos minutos, o filial dispuxo de dúas grandes ocasións para levarse a vitoria.
Primeira metade de gran intensidade, dura e táctica, sen apenas ocasións e moita batalla. O Talavera dominaba a posesión, con moita paciencia na saída do coiro, e o filial víase abocado a xogar en longo nun terreo de xogo con moita auga en varias zonas,
O Celta B adiantouse aos 35 minutos cun cabezazo de Juan Hernández tras un bo centro de Kevin rexeitado con problemas polo porteiro.
Tralo descanso, o Talavera empuxou con decisión e o Celta B centrouse en defender a súa valiosa vantaxe e contragolpear. Foi un esixente exercicio defensivo ante un rival con bo fútbol e gran despregue físico.
A falta dun cuarto de hora, o Talavera, tras unha longa xogada, empató cun remate de Cristian no segundo pau. O Celta B suma un punto e segue na pelexa
1-Celta B: Sotres, Kevin, Ros, Alende, Riki (Aarón Rey, min.80), Rai, Dani Molina (Pol, min.80), Agus, Juan Hernández (Álex Serrano, min.70), Drazic e Dennis
1-Talavera: Sergio Arenas, Melchor, Mario, San José, Villarejo, Óscar Prats, Víctor Andrés, Quaye, Jiménez (Hakin, min.93), Rober (Cristian, min.70) e Laerte (Rivera, min.86)
Goles: 1-0, min.35: Juan Hernández; 1-1, min.76: Cristian
Árbitro: Gao Aladro, do comité asturiano. Amonestou a Quaye, Prats, Laerte
Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores