O Celta B levou o tres puntos do primeiro derbi vigués da tempada grazas a un tanto de Emmanuel Apeh. Tras caer derrotados ante a UD Sanse a pasada semana, os de Albés afrontaban o choque ante o Coruxo en O Vao co obxectivo de recuperar sensacións e reencontrarse coa vitoria. Un primeiros corenta e cinco minutos sen apenas ocasións deron paso a un segundo tempo cun filial celeste mellorado e elevado.
No minuto 56, Apeh aproveitou un rexeite na área pequena para marcar o único gol do partido. O bo facer de Iván Villar na portaría céltica e a solidez defensiva do conxunto celeste, permitiron conservar a vantaxe pola mínima até o asubío final.
FICHA TÉCNICA
0-CORUXO: Alberto, Lucas, Antón de Vicente, Sergio Rogríguez, Pablo Crespo, Trigo, Justo (Juampa, min.69), Fernando (Pitu, min.63), Silva, Mateo, Samanes.
1-CELTA B: Iván Villar; Farrando, Alende, Ros, Pampín, Rai, Dani Molina (Serrano, min.87), Jacobo (Dani Vega, min.70), Pastrana, Apeh, Iban Salvador (Solís, min.81).
Goles: Apeh (0-1, min.56).
Árbitro: García Navas, do comité madrileño. Amonestou a Crespo, Samanes, Mateo, Lucas, Silva e De Vicente (Coruxo); Alende, Apeh e Molina (Celta). Expulsou con vermella directa a Solís (Celta).
Campo: O Vao.