O Celta B continúa imparable. Tras cinco xornadas disputadas, o equipo adestrado por Rubén Albés acumula 3 vitorias, 2 empates e ningunha derrota, resultados que aúpan ao conxunto celeste ata o segundo posto da clasificación con 11 puntos tras golear no campo do Valladolid B.
Os vigueses foron netamente superiores ao seu rival e despacharon o encontro no primeiros corenta e cinco minutos. Dejan Drazic abriu a lata mediado o primeiro tempo cun gran tanto. Seguíronlle pouco despois as dianas de Juan Hernández e Agus Medina. O filial celeste está a sacar grandes réditos do seu bo xogo e espectacular actitude no campo.
O Celta B recibe a próxima xornada ao Rápido de Bouzas, recentemente ascendido á 2ªB. Barreiro acollerá este emocionante derbi vigués na categoría de bronce o sábado 23 de setembro ás 16:00 horas.
FICHA TÉCNICA
0-VALLADOLID: Navarro, Corral, Velásquez (Cobo, min.46), Porto, Carrascal, Mayoral (Miguel, min.69), Javi Pérez, Luis Suárez, Miguel Marí (Dani Vega, min.46), Samanes.
3-CELTA: Sotres, Kevin, Robert, Alende (Ros, min.69), Pampín, Solís, Rai, Pastrana, Agus (Dennis, min.70), Juan Hdez., Drazic (Aarón, min.74).
Goles: Drazic (min.25, 0-1); Juan Hdez. (min.29, 0-2); Agus (min. 39, 0-3).
Árbitro: García Gómez, do comité extremeño. Amonestou a Javi Pérez, Velásquez, Porto, Samanes (Valladolid); Juan Hdez. (Celta).
Campo: Anexos José Zorrilla.