Importante vitoria do Celta B ante un Caudal Deportivo en plena loita pola permanencia. Os celestes sumaron tres puntos con goles de Brais e Mera que lles permiten seguir unha semana máis na pugna polo liderado xunto a Cultural e Racing. A próxima xornada, última do campionato, o desenlace.
Partido confuso ante un rival que, por momentos, excedeuse na súa contundencia defensiva. Non houbo practicamente achegamentos ás portarías nun primeiro tempo que chegou ao descanso con catro futbolistas do Caudal amoestados. Hicham rozou o gol en dúas ocasións e, na súa terceira opción para marcar, ao fío do tempo morto, cedeu o balón a Brais Méndez para pór o 1-0 no marcador tras unha exquisita xogada celeste.
O Caudal logrou o empate nada máis arrincar o segundo tempo. Néstor impediu o gol rival nun centro que se envenenó, pero no rexeite non puido facer nada para evitar o tanto de cabeza de Javi Sánchez. Os de Menéndez non viñeron abaixo e seguiron insistindo, con coraxe e entrega, fronte a un opoñente duro. No minuto 68 a alegría explotou en Barreiro. Juan Mera cazou un balón solto tras centro de Hicham á área e perforou a rede asturiana para pór o 2-1.
Faltaban cinco minutos para o asubío final e Roger cabeceou á madeira a saque de esquina. Os goles de Brais e Mera foron suficientes para facerse co botín do tres puntos. A falta dunha xornada para finalizar o campionato, o Celta B continúa con opcións de alcanzar o liderado. A próxima visita batalla final no campo do Guijuelo.
FICHA TÉCNICA
2-CELTA B: Néstor, Kevin, Roger, Alende, Samu, Borja Fdez., Gus Ledes, Brais Méndez (Juan Hdez., min.59), Juan Mera (Dani Molina, min.82), Hicham (Agus, min.75), Borja Iglesias.
1-CAUDAL: Bussmann, Pelayo, Noel, Crstian, Alberto, Óscar (David, min.86), Jaime, Richard, Iván, Javi (Roni, min.66), Quero.
Goles: Brais Méndez, 1-0, min.38; Javi, 1-1, min.48; Mera, 2-1, min.67.
Árbitro: Calderiña Pavón, do comité catalán. Amonestou a Alende, Borja Fdez. (Celta); Noel, Cristian, Jaime, Óscar, Quero, Alberto (Caudal).
Campo: Barreiro.