O Celta B incorpora un dianteiro versátil, de gran talento e unha enorme proxección. Ibán Salvador, procedente do Real Valladolid e que asina por dúas tempadas con outras tres opcionais. O atacante, de 22 anos de idade, é internacional absoluto con Guinea Ecuatorial desde 2015 e formou parte do plantel que quedou ese ano 4ª da Copa Africana de nacións.
Ibán Salvador debutou con 17 anos en 2ª B nunha campaña na que anotou cinco goles en 26 partidos. As dúas últimas tempadas xogou en Segunda División, categoría na que xa aumula un notable número de partidos.
É un dianteiro zurdo cunha gran capacidade de desborde e moi vertical, que pode xogar en diversas posicións con absoluta solvencia. Ofrece ademais un importante traballo defensivo e unha gran intensidade.