celta-b-pontevedra-barreiro-juan-hernandez-2017-2018.jpg
A Canteira

O Celta B comeza a segunda volta puntuando fóra da casa (1-1)

RC Celta

O Celta B levou un punto de Pasarón no primeiro partido da segunda volta da Segunda División B. Os celestes adiantáronse mediado o primeiro tempo cun tanto de Juan Hernández e gozaron de ocasións para aumentar a súa vantaxe. Unha das máis claras tívoa Drazic a media hora do asubío final, pero o porteiro local luciuse para evitar o tanto do serbio.

Na recta final do choque, Jorge igualou o marcador, un gol que deu ás ao Pontevedra nos últimos compases do partido. O filial celeste resistiu con solvencia e regresou a Vigo cun valioso punto.

FICHA TÉCNICA

1-PONTEVEDRA: Edu Sousa, Juan Barbeito, Jinmy, Goldar, Adrián León, Bruno Rivada, Marcos Álvarez, Carlos Ramos, Jesús Berrocal, Adrián Mouriño, Jorge Hernández.

1-CELTA B: Jero, Riki, Alende, Robert, Rai, Pampín, Juan Hernández, Dani Molina, Dennis, Drazic, Agus.

Goles: Juan Hernández (0-1, min.18); Jorge (1-1, min.81).

Árbitro: Román Román, do comité castelán-leonés.

Campo: Pasarón.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas