O filial celeste non logra atopar a tecla para regresar á senda do triunfo. Os de Albés dérono todo no Baltasar Pujales, campo dunha das revelacións da tempada: o Rápido de Bouzas. Os locais adiantáronse no primeiro tempo, pero apenas cinco minutos despois Drazic puxo o empate no marcador.
O segundo tempo, intenso e con opcións para ambos os equipos, decantouse ao lado aurinegro grazas a un tanto de Kaxe no minuto 62. Os de Bouzas resistiron con solvencia ata o asubío final fronte a un Celta que pelexou sen tregua por puntuar. A nota positiva do encontro foi o regreso ao terreo de xogo do capitán céltico Kevin Vázquez tras dous meses de baixa por lesión.
FICHA TÉCNICA
2-RÁPIDO: Brais, Adri, Andrade (Dani, min.26), Cristian, Trigueros, Óscar Sielva, Kaxe (Pedro, min.65), Caba, Deivid, Diego Diz (Gallar, min.80), Carlitos.
1-CELTA: Sotres, Riki, Agus (Kevin, min.57), Costa, Rai, Pampín, Juan Hdez. (Dennis, min.65), Álex (Sastre, min.75), Brais, Drazic, Roigé.
Goles: Óscar Sielva (1-0, min.32); Drazic (1-1, min.37); Kaxe (2-1, min.62).
Árbitro: López Puerta, do comité madrileño. Amonestó a Pereira, David, Sielva, Gallar (Rápido); Juan Hdez., Sastre, Rai, Brais (Celta).
Campo: Baltasar Pujales.