Espectacular participación do Celta Infantil B na esixente competición Sub-13 International Fotball Cup de Dubai. Os celestes alcanzaron os cuartos de final do torneo tras superar na fase de grupos á Canadian Academy Football (3-1), ao Al-Ahly (2-0) e o Sharjah (5-0), este último tamén rival nuns oitavos de final nos que os vigueses gañaron por 4-0.
Este sábado ás 10:00 (hora local), o cadro galego medirase en cuartos ao Al-Nasr, conxunto de Dubai que eliminou ao Liverpool na anterior eliminatoria.