Suma unha nova convocatoria para adestramentos oficiais co combinado nacional
O canteirán celeste Pape Cheikh, xogador do Celta Xuvenil de División de Honra, foi convocado pola Selección Española Sub-19 para participar nos adestramentos oficiais que realizará o combinado nacional na Cidade Deportiva das Rozas do luns 11 ao mércores 13 de maio.
Pape segue sumando convocatorias coa selección nacional Sub-19 de Luís de la Fuente, quen xa contou co céltico durante o pasado mes de febreiro para a disputa da Copa Atlántico celebrada en Canarias e que finalizou coa Selección Española como vencedora do campionato. Os adestramentos nos que participará o canteirán celeste, de 17 anos de idade, servirán para preparar a rolda Élite de Georgia, clasificatoria para o Campionato Europeo, que se disputa a finais de maio.