Nunha xornada histórica, na que os canteiráns do primeiro equipo Iago Aspas e Brais Méndez foron chamados pola Selección Española absoluta, a canteira celeste acumula outra excelente noticia. Iván Villar, gardameta do Celta B e canteirán do RC Celta, regresa á Sub-21 española tras varios meses ausente.
O porteiro céltico, aínda que non chegou a debutar, foi un habitual do combinado nacional durante a pasada tempada. Agora chégalle unha nova oportunidade. A partir do 12 de novembro concentrarase coa Sub-21 de cara aos partidos ante Dinamarca e Francia.