pampin_laliga_2017_2018.jpg
Novas canteira

O canteirán Diego Pampín, ao Mundial Sub-17 da India

RC Celta

pampin_laliga_2017_2018.jpg

 

Diego Pampín continúa alcanzo novas cotas na súa incipiente carreira profesional. O canteirán celeste consolidouse como un fixo da Selección Española Sub-17, cuxo seleccionador incluíu ao galego na lista de futbolistas que participarán na Copa Mundial da categoría que se xoga entre o 2 e o 28 de outubro na India.

 

Pampín concentrarase a partir do mércores 27 de setembro coa Selección Española e, en función do papel do combinado nacional no Mundial, regresará entre o 14 e o 29 de outubro. Encadrada no grupo D do torneo, España medirase na primeira fase a Brasil, Níxer e á República de Corea.

RC Celta

Etiquetas

Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas