En pleno mes de xaneiro, o RC Celta xa traballa con intensidade en apontoar o seu proxecto de futuro cun gran paso adiante. O central zurdo do filial, Carlos Domínguz, asinou “co club da miña vida” unha ampliación do seu contrato ata xuño de 2026.
O canteirán mostrouse moi feliz por “cumprir un soño, levo desde pequeniño aquí xogando e estou moi contento”.
“Sempre soñas co momento de chegar ao primeiro equipo e teño moitas ganas de demostrar e axudar”, engadiu o central celeste, quen indicou ademais que “cando entrei no RC Celta sendo alevín chegas con ganas e entusiasmo, sempre soñas e ao final con traballo e constancia aí estamos”.
O canteirán disputou xa sete partidos de Liga co primeiro equipo, algún inesquecible como a vitoria colleitada no Camp Nou a pasada campaña ou ante o Betis fai uns días, ademais doutros tres en Copa do Rei.