Os diferentes equipos das categorías inferiores do RC Celta pecharon a Semana Santa cun bo puñado de éxitos en torneos rexionais, nacionais e internacionais. O Xuvenil B no Torneo Internacional da Real Sociedad, o Alevín B na Oviedo Cup e o Benxamín B nos torneos de Erizana e La Caixa alzáronse cos títulos de campións tras despregar un fútbol sensacional.
A estes campións hai que engadir a sobresaliente participación do resto de equipos celestes noutras competicións, onde conseguiron un bo puñado de medallas e condecoracións. A maiores tamén hai que destacar a notable actuación dos dous equipos da Fundación Celta Integra no Torneo Integra Baiona.