O gardameta catalán chega libre ao club vigués tras militar no filial do RCD Espanyol
O Real Club Celta pechou a contratación do gardameta Néstor Díaz, para reforzar a portaría do equipo filial. O xogador catalán, que chega libre á entidade viguesa, asina 6 meses con opción a 4 tempadas máis.
Tras xogar nos xuvenís da UD Almería, Néstor Díaz (1992, Sabadell) militou na Ponferradina B e no Sevilla C. No conxunto andaluz chegou a participar co Sevilla Atlético en varios partidos e mesmo realizou unha pretemporada co primeiro equipo sevillista. Néstor formou parte esta tempada do Espanyol B, club desde o que chega en calidade de libre a Vigo.