Miguel Román (Gondomar, 26 de decembro de 2002) vestirá as próximas tres tempadas a camiseta do Celta Fortuna tras unha frutífera etapa no Pontevedra CF. O xogador, que chega libre, será celeste ata 2026.
O centrocampista chega a Vigo tras demostrar as pasadas dúas tempadas a súa gran valía cos pontevedreses, disputando case todos os encontros do conxunto granate: 70 partidos e un total de 5503 minutos.
O gondomareño de 20 anos, que a pasada campaña foi toda unha revelación e que espertou o interese de numerosos clubs, chega ao Celta Fortuna para seguir sumando e achegando calidade ao proxecto de Claudio Giráldez.