Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-82/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 419

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-82/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 427

Conclúe a cuarta edición de LaLiga Genuine Santander - RC Celta
ESCUDO-1300x400-02
Fundación

Conclúe a cuarta edición de LaLiga Genuine Santander

RC Celta

A cidade de Bilbao vestiuse de gala para recibir a multitudinaria fase final de LaLiga Genuine Santander durante os días 4 e 5 de xuño. Esta competición, pioneira e única no mundo, e desenvolvida por LaLiga, a través da súa Fundación, celebrou esta fin de semana o desenlace da tempada 2021/22, co Athletic Club como anfitrión.

O sábado supuxo o pistoletazo de saída á que foi a fase con máis participantes da historia de LaLiga Genuine Santander: máis de 1000 xogadores, xogadoras e corpos técnicos pertencentes a equipos de todos os recunchos do territorio español. A Ciudad Deportiva de Lezama foi o escenario escollido para os últimos partidos da tempada: un total de 63 encontros que estiveron marcados pola igualdade e a diversión en todos eles. Tras os partidos da xornada do sábado, o anel VIP do estadio de San Mamés reuniu a toda a comunidade Genuine nunha cea con actividades de entretemento e música que fixeron as delicias de todos os asistentes.

O domingo, unha vez finalizaron os últimos partidos da fin de semana, as estrelas de LaLiga déronse un baño de masas na xa mítica cerimonia de clausura, onde a calor e os cánticos de familiares e amigos acompañaron aos 42 equipos durante a entrega de medallas e trofeos aos equipos gañadores. Javier Tebas, presidente de LaLiga e Aitor Elizegi, presidente da comisión xestora do Athletic Club, foron os encargados de presidir a cerimonia, acompañados doutras institucións do Athletic Club e de LaLiga, así como das marcas asociadas da competición.

Despois de 3 fases repartidas en 5 sedes, puidemos coñecer finalmente aos 4 gañadores da tempada 2021/2022: o Burgos CF, o Cádiz CF, o Fundació Barça e o Athletic Club Fundazioa. O Burgos CF alzou o trofeo de campión do grupo Respeto, ao conseguir un total de 27 puntos. Pola súa banda, o Cádiz CF fíxose co trofeo deportivo do grupo Deportividad con 26 puntos; mentres que a Fundació Barça finalizou a tempada sendo campión do grupo Compañerismo, con 27 puntos. O Athletic Club Fundazioa, pola súa banda, proclamouse campión de Juego Limpio por cuarto ano consecutivo con 269 puntos polo seu compañeirismo e xogo limpo.

Javier Tebas, presidente de LaLiga, quixo poñer en valor a importancia dos valores: “Terminamos a cuarta tempada, pensando na quinta, e cunha reflexión en mente, que a sociedade ten moito que aprender de todos vós. A nosa función é ensinar e transmitir os verdadeiros valores do fútbol: a deportividade, o compañeirismo e o amor de verdade. Grazas a todos os xogadores, técnicos e familias; todo isto é grazas a vós”.

Pola súa banda, Aitor Elizegi, presidente da Comisión Gestora do Athletic Club, aproveitou a oportunidade para agradecer a oportunidade de acoller a fase final desta tempada: “Grazas a LaLiga, ao fútbol profesional e a todos os que rodean este proxecto e fano posible. Neste club cremos que o máis importante de todos os escudos, cores e camisetas é poder compartilos, e iso é xusto o que puidemos ver esta fin de semana. Foi marabilloso ver como en LaLiga Genuine Santander, todos nos podemos permitir soñar co futbol”.

Como nas anteriores paradas da tempada, os asistentes á Ciudad Deportiva de Lezama puideron gozar da experiencia “Fanáticos do Real”. Unha vez máis quedou latente que os valores do futbol son o motor de LaLiga Genuine Santander, cunha serie de comportamentos e actitudes exemplares que nacen no terreo de xogo e trasládanse a todos aqueles que forman parte deste proxecto. Péchase así unha tempada marcada polo que de verdade importa: infinidade de abrazos, celebracións e, sobre todo, a diversión no fútbol.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas