3 canteiráns celestes entre as 33 mellores novas promesas do fútbol base español
Jonny Castro, Santi Mina e Rubén Blanco, canteiráns do RC Celta e xogadores do primeiro equipo, foron galardoados por Fútbol Draft, os premios da canteira española que premia ás mellores promesas do fútbol basee español. O comité técnico destes premios, composto por relevantes personalidades do mundo do fútbol, incluíu a Jonny e Santi Mina no Once de Ouro e a Rubén Blanco no Once de Prata.
Desta maneira, o RC Celta segue mantendo unha importante presenza no Fútbol Draft, que en edicións anteriores xa premiou a este tres xogadores, David Costas e Hugo Mallo, ademais de recoñecer ao club celeste co Premio Especial de Apoio á Canteira en 2014.
O Celta destaca nesta edición pola presenza de Santi Mina como xogador máis novo do Once de Ouro, unha aliñación na que só o club vigués conta con dous representantes que militen no seu primeiro equipo: Jonny Castro e Santi Mina.