Non falta nada para celebrar unha nova edición de ‘Invasión Celeste-LaFe Seguros’! A carreira popular da Fundación Celta regresa este venres 8 de decembro a Balaídos con competicións para todas as idades e actividades, pero o pistoletazo de saída darase este mércores 6 cunha gran festa na zona da estación marítima de Vigo.
De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00, os máis pequenos poderán participar en divertidas actividades como un taller de llaveros, futbolín humano, tiro a porta e moitas máis. Ademais, os corredores que xa se inscribiron poderán recoller os seus dorsais. Pero o gran momento do día chegará coa visita de Jonny Otto, ás 17:00 horas. O futbolista celeste asinará autógrafos e atenderá a todos os afeccionados que se acheguen á Rúa As Avenidas.
Aqueles interesados que aínda non se apuntasen están a tempo de facelo entrando na web www.magmasports.es