Gran alegría e satisfacción no RC Celta e a Fundación pola convocatoria do canteirán Iker Losada coa Selección Española Sub-18 para disputar a XLV Copa do Atlántico. O prestixioso torneo internacional disputarase do 4 ao 9 de febreiro en Las Palmas de Gran Canaria.
Losada súmase desta maneira a David Vilán e Miguel Rodríguez, que este mes acudiron coa Sub-16 á Copa AEGEAN en Turquía, e a Diego Pampín, que foi citado coa Sub-19 para disputar un amigable ante Italia. A súa convocatoria recompensa o esforzo e o traballo que Fundación e club realizan desde hai anos na formación de xogadores na Madroa.