iago-aspas-manuel-de-castro-2018.jpg
Actividades gl

Iago Aspas recibiu o Premio Manuel de Castro 2018

RC Celta

O pasado sábado 19 de xaneiro entregouse antes do inicio do partido entre RC Celta e Valencia CF o trofeo Manuel de Castro a Iago Aspas, premio que recoñece ao de Moaña como o mellor xogador do ano 2018. O xogador recibiu o galardón de mans de Cristina Castro e Juan De Castro, filla e neto de Manuel De Castro ‘Hándicap’, un dos artífices do nacemento do RC Celta. No acto tamén estiveron presentes a conselleira do club María José Táboas e Germán Arteta, director da Fundación Celta.

O Premio Manuel de Castro, unha inciativa da peña celtista siareiros.net, a web moiceleste.com e o podcast ‘El Fútbol es Celeste’, contou co apoio e a colaboración tanto do club coma da Fundación Celta. Xornalistas de diversos medios de comunicación e xogadores do primeiro equipo céltico foron os votantes da enquisa que fallou en favor de Iago Aspas.

Fotografía: Pablo Vázquez

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Actividades gl Actividades gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas