Os canteiráns celestes Iago Aspas e Borja Iglesias foron galardoados este xoves no II Gala do Deporte Galego que a Federación Galega de Fútbol organiza xunto ao programa Galicia en Goles de Radio Galega.
O adestrador céltico Álex Otero recolleu o premio ao Mellor Xogador do RC Celta en nome de Iago Aspas, que non puido asistir ao evento. Pola súa banda Borja Iglesias, que si acudiu á gala, foi premiado por partida dobre, como Mellor Xogador e Máximo Goleador de 2ª División B.