A fin de semana da canteira comezará este venres coa visita do Celta B ao estadio da Malata para medirse este venres ás 21:00 ao Racing de Ferrol na décimo terceira xornada do grupo I de Primeira RFEF Footters. O primeiro partido da xornada do sábado corresponde á novena xornada ligueira do Infantil A, que recibe ás 12:00 á ED Val Miñor na Madroa. Neste mesmo escenario xogarán ás 11:45 o Alevín A e o Benxamín A, que recibirán -respectivamente- á UD Santa Mariña e á CD Areosa na terceira xornada de Liga.
Un cuarto de hora máis tarde, ás 12:00, arrincará a décima xornada de Liga Nacional para o Xuvenil B para visitar en A Grela ao Ural CF B. Mesmo horario para un Cadete A que visita en Santa María de Xeve ao Pontevedra CF na oitava xornada de División de Honra. Xa pola tarde, o Infantil B pechará a xornada visitando ao CD Coya en A Bouza ás 17:15 na sexta xornada de Liga.
O domingo empezará co terceiro encontro ligueiro de Alevín B e Benxamín B, que reciben ás 10:00 en A Madroa a Atlántida Matamá B e CD Nieto B, respectivamente. Máis tarde terá lugar o prato forte da xornada coa o visita do RC Deportivo da Coruña na duodécima xornada de División de Honra para o Xuvenil A, un encontro que comezará ás 12:00 en A Madroa. A esa mesma hora, en Baltar de Arriba, o Cadete B visitará ao Portonovo SD na oitava xornada de Liga Galega. Por último, o Celta C-Gran Peña pechará a fin de semana recibindo ao CD Moaña ás 16:00 en Barreiro na oitava xornada do subgrupo 2A de Preferente Sur.