Espléndida nova para o filial do RC Celta, que recupera a un dos seus xogadores máis emblemáticos e resolutivos. Manolito Apeh regresa ao filial para iniciar este martes a pretemporada ás ordes do técnico Jacobo Montes. O dianteiro celeste solicitou regresar a un equipo no que sente feliz e arroupado por unha afección que lle mostrou sempre un gran agarimo.
O Celta B recibe con gran satisfacción ao ariete, que mostrou en todo momento un enorme grao de compromiso e ofrecido un gran rendemento, ademais dun comportamento exemplar. Manolito asinou co club vigués por esta campaña con outro catro opcionais.