Os vigueses derrotaron ao seu rival, que acabou con dez, por once goles a cero
Impresionante exhibición e goleada do Real Club Celta Xuvenil de División de Honra esta mañá nas instalacións deportivas da Madroa. Os celestes mostraron unha efectividade e ambición demoledoras para derrotar ao Pontevedra, que acabou con dez xogadores e foi totalmente incapaz de frear aos célticos.
Os vigueses acabaron superando ao cadro pontevedrés por once goles a cero con tantos de Alberto, Samu, Julio (3), Fede, Quiles, Brais, Igor Engonga e Javi Que Delgado (2).