Un total de 5.650 butacas do estadio Abanca Balaídos que foron retiradas de Río Baixo nas últimas semanas seguirán ligadas ao mundo do fútbol. RC Celta e Fundación doaron todas aqueles asentos en bo estado a diferentes clubs do fútbol modesto. A Federación Galega de Fútbol recibiu unha partida de 1.400 localidades que repartirá entre numerosos equipos da comunidade.
Ademais, Céltiga (400), Viana do Bolo (300), CD Mosteiro (700), Tyde (600), Club Hípico Alazán (200), Club Deportivo Arnedo (1.200), Villar de Infesta (100), CD San Juan de Rubiós (300), Calo SR (300) e Alhama de Zaragoza (150) foron os outros clubs que recibiron as butacas do estadio.