O Celta B incorpora calidade e talento coa chegada do centrocampista Dani Molina, de 20 anos de idade, quen xa superou as probas médicas e asinou o contrato que o unirá ao RC Celta as próximas catro tempadas e media.
Daniel Molina (Huelva, 14 de marzo de 1996) disputou esta tempada 17 partidos co Recreativo, nos que anotou un gol, e é internacional coa Selección Española Sub-19. O medio centro ten experiencia tamén na categoría de prata do fútbol español, na que xogou 14 encontros co seu club.