Como todos os anos por estas épocas, o Clínic da Fundación Celta by Cabreiroá iniciou a súa nova andaina. Máis de 300 rapaces de toda a xeografía galega puideron gozar dunhas xornadas de fútbol aplicando a técnica da Canteira do RC Celta.
A Estrada, Burela, Cacheiras, Coia, Sagrado ADC Corazón de Lugo, Muros, Pavillón Ourense e Xinzo foron as sedes anfitrioas da edición desta tempada onde se puido gozar dun, dous ou ata tres días de fútbol da man dos adestradores da Canteira celeste en horario matinal.