Cincuenta e cinco veciños do Concello da Rúa visitaron este luns o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Granada CF dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.
Representando ao grupo acuediron a alcaldesa Dª. María Albert González e o asesor D. José Ramón Sánchez Álvarez.
A expedición recibiu o saúdo dos conselleiros Dª. Xisela Aranda Núñez, D. Miguel Álvarez Rey e do director da Fundación Celta D. Germán Arteta e presenciou o quecemento do equipo antes do encontro.