Cincuenta e cinco mozos e mozas do Club Racing de Vilariño e do Concello Nigrán visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Valladolid CF dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.
Representando ao grupo acudiron a presidenta do club, Dna. María Fernández Fernández e a concelleira de deportes do Concello de Nigrán Dna. Bibiana Peixoto Iglesias. A expedición visitou a Sala de Arte e presenciou o quecemento previo ao encontro onde recibiu o saúdo do conselleiro D. Pedro Pousada e do director da Fundación Celta, D. Germán Arteta.