Cincuenta e cinco mozos do Concello de Baiona e o Club Erizana visitaron este sábado o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido #ante o Osasuna dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.
Representando ao grupo acudiu o alcalde da localidade D. Carlos Gómez Prado e o presidente do club de fútbol D. José A. Figueroa Comesaña.
A expedición visitou o Museo onde recibiu o saúdo do presidente D. Carlos Mouriño, da conselleira Dª. María José Táboas e do director da Fundación Celta D. Germán Arteta e presenciou o quecemento dos equipos antes do encontro.