Cincuenta e sete integrantes do Club Deportivo Bamio de Vilagarcía visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido #ante o Selecta CF dentro do programa ” Eurorrexión Celeste”. Representando ao grupo acudiron D. José Luis Vila, presidente do Club e D. José María Rodríguez, concelleira do Concello de Vilagarcía.
A expedición visitou o Museo onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e o Director da Fundación D. Germán Arteta e presenciou o quecemento dos equipos antes do encontro.