Cincuenta e sete veciños do Club de fútbol Panxón Nigrán visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante a Real Sociedad dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’. Representando ao grupo acudiron D. José Luis San Román, concelleiro de deportes do Concello de Nigrán e D. Francisco Eijo Pérez, presidente do club nigranés.
A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e o xogador do primeiro equipo e coterráneo Kevin Vázquez, e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.