Cincuenta e sete veciños do Concello de Porto do Son visitaron este sábado o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Valencia CF dentro do programa ” Eurorrexión Celeste”, representando ao Concello acudiron D. Jose Manuel Dean Pouso, Concelleiro de Turismo e D. Antonio Romeu Riveiro Concelleiro de Promoción Económica e Emprego do Concello.
A expedición visitou o Museo onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e do director da Fundación D. Germán Arteta e presenciou o quecemento dos equipos antes do encontro.