Cincuenta e sete integrantes do Club Fútbol Sar de Padrón e do concello da mesma localidade visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o RCD Mallorca dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’. Representando ao concello padronés acudiu o Alcalde D. Antonio Fernández e representando ao Club de fútbol o Vicepresidente D. Marco Vázquez.
A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño, e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.