Cincuenta e sete integrantes do Club de Fútbol de Domaio visitaron este venres o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Valladolid dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’. Representando ao Concello acudiu o Concelleiro de deportes D.Manuel Parcero e representando ao Club de fútbol o secretario D. Manuel Ángel Otero.
A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Vicepresidente D. Ricardo Barros, e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.